miércoles, 28 de diciembre de 2022

A MARUXA SILVA GARCÍA, mi queridísima prima, IN MEMORIAM.


A MARUXA SILVA GARCÍA,
mi queridísima prima, IN MEMORIAM.
*********************************


  Partió, cual había vivido,
sin perseguir la riqueza,
sin esperar regalía
del Edén de la utopía.
No sublimó la pobreza
ni la vistió de entereza,
como ideal de partido.
Sí, profesó la nobleza
de abrazarse al oprimido.

  No traicionó, no robó,
no se humilló, no cejó
-tuvo la cabal certeza,
por convicción, fortaleza-
de luchar como es debido:

  Maruxa Silva, ¡firmeza!,
fue tu valor preferido.


          (Rioderradeiro)

viernes, 4 de septiembre de 2020

JESÚS ÁLVARO LÓPEZ BRENLLA: A REPRESIÓN DO MAXISTERIO DE MUROS EN 1936

por Narciso de Gabriel
Muros foi o concello coruñés cuxo maxisterio sufriu con máis contundencia a represión dos militares sublevados en 1936. Os expedientes de depuración de dúas das súas mestras e de nove dos seus mestres resolvéronse coa separación definitiva do ensino, o que representaba aproximadamente a metade do total, aínda que a represión centrouse especialmente nos homes. Un destes mestres, Jesús Álvaro López Brenlla, foi asasinado en 1936, e outro dos executados ese mesmo ano foi Rafael Pardo Carmona, acusado de ser un dos dirixentes da resistencia compostelá. O catedrático de Historia da Educación, Narciso de Gabriel, documentou o calvario ao que foron sometidos eses mestres, deténdose neste texto/crónica no sufrido por López Brenlla, o mestre de Louro.
Francisco Rodríguez Suárez resultou condenado a cadea perpetua por un consello de guerra —xa fora sometido a outro a raíz dos sucesos revolucionarios de 1934—; sobre el dirase que todos o apreciaban e que os subversivos o «amaban», pois grazas ás iniciativas por el promovidas foran moitas as persoas que conseguiran traballo nun tempo en que este escaseaba. Xosé Tobío Mayo conseguiu fuxir do terror e pasar ao sector republicano; rematada a guerra, tomou o camiño do exilio americano logo de permanecer algún tempo nun campo de refuxiados en Francia.
Non se formularon cargos contra os dous mestres mortos, polo que só dispomos dos de nove. Todos eles foron acusados de se relacionaren, de diferentes formas e con distintas intensidades, coa Fronte Popular. Formar parte de organizacións esquerdistas, profesar estas ideas ou contribuír á súa difusión, asistir a reunións deste carácter ou promover o sindicalismo entre os sectores populares son acusacións que aparecen, en singular ou plural, en todos os casos agás nun. O terceiro cargo máis frecuente era a pertenza á Asociación de Traballadores do Ensino.
Formar parte de organizacións esquerdistas, profesar estas ideas ou contribuír á súa difusión, asistir a reunións deste carácter ou promover o sindicalismo entre os sectores populares son acusacións que aparecen, en singular ou plural, en todos os casos agás nun. O terceiro cargo máis frecuente era a pertenza á Asociación de Traballadores do Ensino.
No tocante á actuación escolar, son sete os docentes acusados de lle imprimiren ao ensino unha orientación esquerdista, e xa que logo antiespañola, ou de aprenderen a cantar a Internacional ou a saudar co puño ergueito aos escolares, e cinco de faceren algún tipo de propaganda antirrelixiosa. Manuel Alonso Asorey tiña na escola libros que «menosprezaban as clases sociais superiores», «insultaba os nenos que ían a misa» e fomentaba o amor a Azaña como «home santo», e María Membiela Rodríguez desfilara coas súas alumnas polas rúas e rueiros de Muros cantando a Internacional.
Jesús Álvaro López Brenlla
Finalmente, as dúas mestras e dous dos mestres foron acusados de se resistiren á rebelión militar. María Membiela Rodríguez por sintonizar a radio en clave republicana: se as noticias favorecían os sublevados, cambiaba de emisora, e se lles eran contrarias daba vivas á República e a Azaña, e José Ballesta Serrano e Francisco Rodríguez Suárez por seren os responsábeis de organizar a resistencia en Louro e Serres, respectivamente. Libertad Carmen Alonso Puente, ademais de ser acusada de pronunciarse en contra do denominado Alzamento, viuse obrigada a demostrar cun certificado de nacemento que non «aumentara» o nome de Carmen co de Libertad.

O mestre de Louro

Jesús Álvaro López Brenlla naceu no lugar das Travesas, pertencente á parroquia de Santa Sabiña (Santa Comba), ás dúas da mañá do 28 de novembro de 1911. Cursou estudos de maxisterio e en 1934 foi nomeado mestre da escola de Louro, onde se atopaba no ano de desgraza de 1936.
En agosto dese ano, o alcalde de Muros, Adolfo del Sel Portillo, informou do seu perfil ideolóxico a Jesús Quiroga, delegado militar de Instrución Pública: tratábase dun elemento socialista e dirixente da Fronte Popular, estaba afiliado á Asociación de Traballadores do Ensino, era lector de Claridad —xornal que defendía a liña política de Largo Caballero—, fundara en Louro unha sociedade obreira afecta á UGT e inculcaba nos nenos ideas contrarias á relixión católica, entre elas as darwinistas.
Asistira ademais como delegado ao Congreso Rexional de Traballadores do Ensino celebrado en Vigo entre o 17 e o 24 de maio de 1936, que dará lugar á creación da federación galega da FETE. Os outros delegados pola comarca de Santiago foron Luís Rastrollo, dirixente do Partido Obreiro de Unificación Marxista, Fernando Barcia Beiras, militante socialista, e José Alonso Puente; os dous primeiros foron fusilados por formaren parte do Comité de Defensa da República constituído en Compostela.
Expedientes de depuración de maestros. Comunidad de Galicia. Archivo General de la Administración
Álvaro será destituído da súa escola polas autoridades militares o 21 de agosto. Sumando todo tipo de medidas disciplinarias, nos dous primeiros meses recibiron algún tipo de sanción na provincia da Coruña aproximadamente o 32% dos mestres e o 8% das mestras. Posteriormente, cando se organice o proceso de depuración, que estará a cargo de comisións específicas, o noso home será separado definitivamente do ensino —a efectos administrativos, pois como veremos xa estaba morto—, medida que se fixo publica en xullo de 1940. No conxunto da provincia, resultaron sancionados ao final do proceso algo máis do 46% dos mestres e algo menos do 13% das mestras. Ao se tratar dunha depuración de carácter político-ideolóxico, e seren os homes os principais protagonistas da vida pública, tamén foron eles os máis afectados.

A Corredoira Fonda

José Leseduarte González, capitán da Garda Civil e delegado de Orde Pública en Santiago de Compostela, foi informado de que un dos mozos mobilizados e concentrados nesta cidade, Álvaro, exercera como líder do «movemento revolucionario» en Muros —léase resistencia, que por certo foi de moi baixa intensidade: un dos seus maiores estragos foi o producido por unha bomba de dinamita que estoupou a carón da casa de Pablo Roura Paz e botou a perder tres niñadas de ovos—, así que reclamou a súa presenza para interrogalo. Ao dicir do delegado, o mozo confesou a súa actuación e mesmo recoñeceu saber onde estaba agochado un depósito de armas e explosivos, que identificaría se lle permitían ir a Louro. De momento, o acusado ingresou no cárcere.
O alcalde de Muros, Adolfo del Sel Portillo, informou do seu perfil ideolóxico: tratábase dun elemento socialista e dirixente da Fronte Popular, estaba afiliado á Asociación de Traballadores do Ensino, era lector de Claridad, fundara en Louro unha sociedade obreira afecta á UGT e inculcaba nos nenos ideas contrarias á relixión católica, entre elas as darwinistas.
Aproveitando que se atopaba en Santiago o que era brigada e comandante do posto da Garda Civil de Muros, Matías Fernández de la Guerra, o delegado encomendoulle a misión de conducir a Álvaro até o lugar onde estaba o depósito. Así que o 31 de agosto de 1936 fíxose cargo do detido e encamiñáronse os dous nunha camioneta cara a Muros.
Unha vez que chegaron á vila, decidiuse custodiar o mestre no cárcere, por ser xa demasiado tarde para realizar a encomenda recibida. Ao día seguinte, algo antes do abrente, o brigada, un garda civil e dous milicianos falanxistas subiron a un coche de aluguer que os levou a Louro.
Aparcaron o vehículo na estrada, apeáronse e pedíronlle ao mestre que identificase o lugar onde estaba o arsenal. Este colleu primeiro por un camiño existente á dereita, mais axiña rectificou e retornou á estrada. Continuou andando, seguido pola comitiva formada polos gardas e os milicianos, e algo máis adiante desviouse por un camiño de carro, coñecido como Corredoira Fonda, que conducía ás casas do lugar.
Percorridos uns 80 metros, o mestre tomou un carreiro que permitía acceder a unhas leiras de millo situadas á esquerda e a máis altura, pero cando xa «subira unhas pedras pasadeiras botou a correr», e o brigada, «desde a mesma beira do camiño, berroulle dándolle o alto por tres veces». Como non fixo caso, «e por temor a que se metese entre as plantas de millo e escapase», deu orde de que disparasen, como así fixeron o garda e os dous falanxistas, armado o primeiro cun fusil e os segundos con sendas pistolas. O mestre caeu fulminado, e unha vez comprobada a súa morte, a Garda Civil regresou a Muros para dar parte do sucedido e os milicianos quedaron custodiando o cadáver.
O xuíz, acompañado do secretario e do médico forense, presentouse no lugar dos feitos ás nove da mañá co propósito de proceder ao levantamento do cadáver, que foi transportado nunha escada por uns veciños á casa-fábrica da igrexa parroquial para lle facer a autopsia, practicada polos médicos forense e o municipal. O corpo presentaba na cabeza dúas feridas de bala, lesións que ao entender dos dous facultativos eran necesariamente mortais e deberon producir a morte instantánea. Á tardiña procedeuse ao enterro do cadáver de don Álvaro no cemiterio de Louro. Mentres non se conseguiron trasladar os seus restos a Santa Sabiña, a súa nai foi choralo todos os anos.

Indagación dos sucesos

As autoridades militares, malia consideraren que a indagación das circunstancias en que se producira esta morte correspondía á xurisdición de guerra, delegaron no xuíz de instrución de Muros a tramitación do sumario. No seu ditame, Emilio Bartolomé Lojo, que así se chamaba o xuíz, afirma que a dilixencia ocular practicada permitía comprobar que o camiño de carro elixido polo mestre era «moi apropiado para a fuga», pois estaba entre fincas de millo que xa tiña unha certa altura, polo que podía permitir agocharse. O auditor de guerra, ao que foi remitido o sumario, concluíu que «os autores da morte obraron en cumprimento do seu deber», polo que estaban exentos de calquera responsabilidade. Procedía, pois, sobreser definitivamente a causa.
O corpo presentaba na cabeza dúas feridas de bala, lesións que ao entender dos dous facultativos eran necesariamente mortais e deberon producir a morte instantánea. Á tardiña procedeuse ao enterro do cadáver de don Álvaro no cemiterio de Louro. Mentres non se conseguiron trasladar os seus restos a Santa Sabiña, a súa nai foi choralo todos os anos.
Debemos preguntarnos, no entanto, se o relato xudicial se axusta á realidade. Recoñeceu realmente o noso home ser un dos actores da tentativa de resistencia muradán, saber onde estaba agochado o depósito de armas e explosivos —real ou suposto— da Fronte Popular, e estar disposto a identificalo co propósito de aproveitar a ocasión para fuxir, polo que escollería un escenario propicio para a fuga, como apunta o xuíz instrutor? Podería ser, pois se ben é certo que o proxecto era arriscado, non o era menos permanecer no cárcere compostelán á espera de ser «paseado» ou executado. Ora ben, mesmo nese suposto, a actuación de quen o acompañaban non resulta fácil de explicar en termos racionais. En primeiro lugar, porque catro homes armados non precisaban matar un preso indefenso, que distaba deles moi poucos metros, para evitar a súa fuxida, e se o seu propósito era efectivamente que non escapase, podían apuntar a unha parte do corpo menos letal. En segundo lugar, se a orde dada á Garda Civil fose realmente localizar o arsenal, e o único que del sabía era o mestre, matalo supuña abortar de raíz o servizo encomendado.
Así pois, debería barallarse outra posibilidade: que gardas e milicianos, co beneplácito ou o encargo expreso das autoridades militares, conducisen o mestre até Louro co propósito de asasinalo. Así o sostén Manuel da Roura, que fora alumno de don Álvaro, nun texto titulado «Muerte en la aldea», asinado o 25 de xaneiro de 2008 e remitido ao blog O Fielato coa solicitude de que se difundise. Segundo este relato, os gardas ofreceríanlle ao noso home a oportunidade de fuxir para aplicarlle a lei de fugas. Non sabemos se o fixo. Ao parecer, uns mariñeiros escoitaron as súas últimas palabras: «Eu de aquí non me movo». Sexa como for, acabaron coa súa vida.
O mesmo camiño seguiron aproximadamente outros cen mestres e mestras en Galicia. Castelao legounos o seu retrato n’A derradeira lección do mestre.*

* Unha versión máis ampla da represión do maxisterio en Muros, e a base documental do que aquí se afirma, pode consultarse en Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educaciónhttps://doi.org/10.17979/srgphe.2019.23.0

martes, 1 de septiembre de 2020

"Un socialista, non socio listo"

A imaxe pode conter: dog, calzado e ao aire libre

Albino Fernández, “o socialista, non socio listo”.
____________________________________

Escóitalo falar de comer e de beber e, no intre, a fame e a sede, no teu corpo, despertan. El daba, coma min, acompañado do seu can (en realidade, unha cadela), longos e demorados paseos pola beira do río Lagares, no traxecto que leva de Balaídos a Samil, que vén sendo coma ir desde Muros a Louro, ou viceversa.
Conversador natural, persoa ocurrente e simpática, un tipo, en realidade, estupendo, falaba e coñecía á maioría dos viandantes e con eles intercambiaba unha palabra amable, unha confidencia, un aceno. O Albino, Albino Fernández, ofrecía (de balde) as súas solucións aos problemas do país e da xente. Eran solucións, como é ben normal, executivas, simples, inmediatas, rotundas, como deben ser, eficaces, a problemas complexos. Albino non é partidario de atenuantes nin de eximentes; el profesa a doctrina de que quen a faga que a pague, sen tardanza e sen lle dar moitas voltas. O principio de autoridade ha quedar salvagardado coa chave maestra da lei do talión exercida por algún cabovara.
Detrás da risoña fachado do Albino Fernández (“al vino”, coma lle gusta matizar) hai unha historia persoal fraguada e pintada coa dor das carencias: fillo de solteira, a súa figura materna era a da avoa que, daquela, exercía a venda ambulante polas casas, polas feiras e polas romarías. “Albiniño, ergue, homiño, ergue, que xa se nos fai tarde!” O primeiro bocado, na taberna do Grilo, era unha copa de auga ardente. “Toma, filliño, toma, que a caña quenta o corpo, da forzas e hache matar as lombrigas!”
A outra parte da infancia, toda a adolescencia e a primeira xuventude viviuna o Albino ao servizo do tío Rafael, no Bar Sentinela do Berbés, levando e traendo recados e servindo bocatas e tazas de viño. Alí, nesa escola, el aprendiu a base de hostias, de patadas no cu e de castigos corporais variados (de xeonllos no chan) diante da clientela. Alí soubo (que remedio!) esquivar as trampas que o tío político lle tendía para estar seguro de que non lle roubaba.
Afeccionado ao fútbol, directivo dun pequeno clube da cidade de Vigo, casado xa, home feito e dereito xa, despois de ter pasado pola peneira da Citroën, cun pequeño negocio na barriada do Calvario, chega á Cidade Olívica don Santiago Bernabeu e o Albino (entre os convidados de honra) asiste ao xantar de homenaxe ao Presidente do Real Madrid. Queda alucinado: “ Don Santiago, boísima persoa”, e a súa muller, dona María, ai!, unha santa, igualiños ca nós; cantos bicos e abrazos, na sobremesa, tralo café e copa!”
Albino Fernández, segundo me confesa sen mediar a pregunta, é socialista de corazón de toda a vida (“non socio listo”, matiza el): “Aquí facíanos moita falta outro Franco -di, así, polo claro- que dera ben duro, que volvera a limpar o país da borralla, que restaurara a pena de morte. Hoxe non hai medo ningún á autoridade da policía, da garda civil; que tempos aqueles, os nosos, cando un se levantaba para saudar aos corpos de seguridade con educación e respecto, sacaba a boina da cabeza e lles cedía o paso e o sitio!”
Albino ten muller, ten fillos e ten netos e pensa (di que pensa) que o futuro se escribe dereito coas raias torcidas. Por iso é “socialista, non socio listo”, conclúe. E vai sobrado de razón, non vos parece?

miércoles, 20 de septiembre de 2017

https://youtu.be/Y6MxB_Z0oaE
https://youtu.be/Y6MxB_Z0oaE