jueves, 30 de octubre de 2008

DESPILFARRO

Sobre o presunto DESPILFARRO DE TOURIÑO no seu despacho oficial, non quito nin poño rei, pero isto cheira a aproveito e a ghato encerrado.

O asunto, que trae causa (mellor ou peor) do 2006 e está sendo collido maliciosa, torcida e forzadamente dos pelos para a/traelo ao presente, eu déixoo correr, sen máis, coma as augas pasadas. E punto.

sábado, 25 de octubre de 2008

MINIBAR

O minibar no diccionario:

Minibar
< mini- + bar
port: minibar cast: minibar ingl: minibar
s m Neveira pequena con bebidas instalada nos cuartos dos hoteis.


A polémica vén a conto porque a real oposición ao bipartito da Xunta de Galiza (o PP)acaba de lle recriminar ao vicepresidente Quintana que se faga acompañar, no coche oficial, dun opíparo minibar, que logo resulta ser unha simple neveira de super (15 euros) para manter en boas condicións os bocadillos.

Nos parlamentos, ás veces, a imaxinación tamén dispara con munición de carga oca.

viernes, 24 de octubre de 2008

farelo

Farelo.- farelo

< lat v *farellu, dim de farre‘trigo’
port: farelo cast: salvado ingl: bran
s m Casca desfeita dos cereais despois de pasar polo muíño e separala da fariña.

fariña

Fariña.-fariña

< lat farīna
port: farinha cast: harina ingl: flour

1 ALIM
1 s f Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, principalmente o trigo, o centeo e o millo, e que ten como compoñentes principais o amidón e o glute.
2 fariña centea Fariña de centeo.
3 fariña integral Fariña á que non se lle quita o farelo.
4 fariña milla Fariña de millo.
5 fariña triga Fariña de trigo.

2
1 s f Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.
2 fariña de liño MED Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.
3 fariña de peixe Alimento para o gando que se obtén de esfaragullar peixes previamente desecados.
4 fariña glaciaria XEOL Material morénico de textura fina que se orixina pola forte fricción que xera o paso do glaciar.

3
1 s f Pos que se obteñen por diferentes métodos.
2 fariña láctea ALIM Mestura de fariña de cereais ou de legumes transformada parcialmente en maltosa e dextrina que se emprega en dietética infantil como alimento de tránsito entre a lactancia e a alimentación integral.

4 s f col Droga, especialmente de baixa calidade.